7 de feb de 2007

Por un parque natural no Courel

ocourelOs parques naturais son definidos na Lei 9/2001 de Conservación da Natureza como áreas, pouco transformadas pola explotación ou pola ocupación humana que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos polos que a súa conservación merece unha atención preferente.

Parece evidente que o Courel é para todos un espacio natural protexibel. Axeitase á definición dada e ten o recoñecemento social, incluso con maior fama que algún dos seis parques naturais que existen oficialmente na Galiza..

Tan so lle resta acadar o recoñecemento institucional correspondente como Parque Natural xa que na actualidade é un LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) amparado pola Rede Natura 2000, xunto ao outros 54 espacios galegos.

Este recoñecemento traería duas consecuencias xurídicas fundamentais: 1) Poderíase limita-los aproveitamentos dos recursos naturais e 2) Facilitaríase a entrada de visitantes coas limitacións precisas para garanti-la conservación dos valores naturais.

O sur lucense, a comarca de Quiroga e o Courel en particular terían un marco moi favorabel desenrolar unha economía paralela baseada no turismo, a artesanía, e a producción ecolóxica e ir reducindo paulatinamente o impacto das canteiras. Ademáis de poñer en valor unha zona que leva anos conservando o seu patrimonio tradicional e as súas aldeas en total  harmonía co medio, tal é o caso de Froxán por exemplo.

Sen lugar a dubidas o recoñecemento do Courel como Parque Natural traería consigo grandes vantaxes, e tamén algún esforzo en pro das futuras xeracións que habiten as terras do poeta Uxío. Aínda que ao marxe dos recoñecementos legais será sempre labor de todos coidar o medio ambiente e incidir no desenvolvemento sostible.

6 de feb de 2007

O alcalde pon o IBI polas nubes

Para o BNG de Quiroga Julio Álvarez é un alcalde dimitido na práctica xa que non é capaz de asumir as súas responsabilidades. Negouse nestes días a asumir a súa responsabilidade na desorbitante suba do IBI local e agora pretende eludir a súa clara responsabilidade na perda de población de Quiroga.

O alcalde non ten credibilidade no seu discurso porque a crise en que deixou o municipio é xa demasiado evidente. Quen pode pensar que un alcalde non pode aplicar políticas que freen o descenso demógráfico? Que Álvarez non o fixera non quere decir que non se poda facer.

Dende que Julio Álvarez chegou á alcaldía de Quiroga (1987) o padrón descendeu en máis de 1500 persoas sendo un dos concellos galegos nos que máis se notou a perda de población. O brutal descenso deste ano non é un problema novo xa que outros anos tamén ten descendido en cifras similares, inclusive cando gobernaba o PP na Xunta.

 

6 de feb de 2007

Ola Mundo!

primeira foto

Bemvido a ao Blog do BNG de Quiroga.

O primeira foto que subimos é a dos voluntarios de toda Gliza que viñeron axudar nas labores de prevención e extinción.

GRAZAS

Sobre este sitio

Aquí podes incluír info sobre o sitio, podes usar a columna para as túas imaxes favoritas de Flickr ou outras que atopes por aí.